Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Os socialistas arranxan integralmente a estrada que comunica Riotorto con Lourenzá

Por 29 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O secretario xeral do PSOE en Riotorto, José García, puxo en valor os 140.000 de investimento que o Goberno da Deputación destinará para acondicionar 2 quilómetros da LU-P-2801 que transcorre de Santo Tomé por San Adriano, Augaxosa e Mazo, e que comunica Riotorto con Lourenzá. Trátase do derradeiro treito desta estrada, que vai do punto 8,2 ao 10,2, e que quedaba por mellorar.

José García agradeceu o traballo e implicación “do noso compañeiro socialista, o presidente da Deputación, por ter atendido as demandas dos veciños de Riotorto que lle temos traslado en varios encontros e, deste xeito, facer posible a mellora integral desta estrada provincial, fundamental para as 1.000 persoas que viven na zona, así como para os 3.500 mariñás dos Concellos de Riotorto e Lourenzá, xa que é unha das vías de acceso a estes dous municipios”.

Os traballos do Goberno do PSOE na Deputación na LU-P-2801 consistirán na remodelación integral do firme con aglomerado en quente, a limpeza de cunetas, repintado e instalación de sinalización horizontal e vertical. Con estas obras o Executivo Provincial mellorará  a comunicación ao tempo que se incrementará a seguridade dos usuarios que utilizan a diario esta vía.