Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei acolle unha charla sobre as axudas para o aproveitamento resineiro

Por 29 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei organiza unha charla co fin de informar sobre as axudas para a creación de superficies forestais, convocadas pola Consellería de Medio Rural e cuxo prazo de solicitude remata o 18/02/2019. A ponencia leva por título a Actividade Resineira como complemento ao aproveitamento da madeira de Piñeiro e será impartida por persoal técnico da consultoría forestal FORESIN, concretamente Erika Martínez Carreira e Raúl Vielela Darriba.

Ademais, as persoas que asistan a está xornada poderán inscribirse de forma gratuíta nunha visita guiada a explotacións forestais.

A xornada, de portas abertas, celebrarase o venres día 1 de febreiro de 2019, en horario de 19:30 a 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei.