Skip to main content
Actualidade

70 rapaces da Chaira adestran e compiten co CD Castro

Por 11 Febreiro, 2019Sin comentarios

O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, mantivo un encontro cos xogadores das categorías de base do CD Castro, e co presidente do club, Marcos Veiga, no campo municipal Arturo Pereiro, de Castro Ribeiras de Lea, encontro no que tamén participaron outros membros da Xunta Directiva electa o pasado mes de xullo.

Durante o acto asinouse un convenio de colaboración que suporá unha achega do Executivo Provincial de 17.500 euros, coa fin de potenciar o deporte de base na Comarca da Terra Chá, a través desta entidade.

O CD Castro conta con equipo en diversas categorías ademais da absoluta: veteranos, cadete, infantil, alevín e xuvenil, sendo, xunto co Vilalbés, o único equipo da Comarca da Terra Chá que conta con todas as categorías de fútbol base.

Rivera Capón afirmou que “a formación é un pilar básico desta nova etapa do equipo, co obxectivo de ser unha canteira da comarca. É difícil para os concellos pequenos contar con equipos en tantas categorías, o CD Castro moitas veces recorre a nenos dos concellos veciños, ofrecéndolles posibilidade de achegarse ao deporte e ter un equipo no que participar e competir”.

Esta nova etapa deu comezo no pasado verán nun momento complicado, xa que o equipo estivo a piques de desaparecer. A nova directiva que se formou está moi implicada e vinculada co futuro do club xa que moitos son afeccionados, pais de rapaces dos equipos e empresarios do comercio local de Castro Riberas de Lea.Actualmente o equipo sénior milita na liga Preferente, sendo unha das entidades futbolísticas con máis sona da provincia, na temporada 2007/2008 chegou a contar con preto de 1.100 socios, tan só por detrás do CD Lugo.