Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba pon en marcha charlas sobre o trampeo da vespa velutina

Por 13 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba en colaboración coa Asociación de Apicultura Serra da Carba van poñer en marcha no mes de febreiro unhas charlas informativas sobre o trampeo primaveral da vespa velutina.

Esta campaña está dirixida a todos os veciños do Concello de Vilalba. Na escola Liga Santaballesa será o 13 de febreiro ás 20:30 coas parroquias implicadas de Santaballa, Codesido, Distriz e Tardad. Na escola de Árbol o día 14 de febreiro ás 20:30 coas parroquias de Árbol, Rioaveso e Oleiros. Na escola de Lanzós será o 15 ás 20:30 coas parroquias de Lanzós, San Simón e Vilapedre. Na escola de Corbelle o día 20 de febreiro ás 20:30 coas parroquias de Corbelle e Samarugo. Na escola de Belesar o 21 de febreiro ás 20:30 con Belesar, Morence e Gondaisque. Na escola de Goiriz o 22 de febreiro ás 20:30 con Goiriz, Carballido e Román. Na escola de Nete o día 27 de febreiro con Nete, Ladra, Noche e Xoibán. Na escola de Torre o día 28 ás 20:30 con Torre, Insúa, Alba, Boizán e Soexo E no cento cultural recreativo será o 1 de marzo, é será aberto para todo o público.