Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O BNG de Rábade pide que se encendan os puntos de luz do barrio de Regabaixo

Por 22 Febreiro, 2019Sin comentarios

O voceiro do BNG no concello de Rábade dirixiuse ao goberno municipal para “suxerir” que, unha vez están aprobados os orzamentos municipais, “se encendan os puntos de luz do barrio de Regabaixo”. “No barrio de Regobaixo hai farolas, pero dende fai moitos anos están sen funcionar” explicou Iván Sangiao. O voceiro do BNG pediu que se trate de igual xeito ás veciñas e veciños desta zona do concello que ao resto e se lles dea servizo como noutros barrios.

No barrio de Regabaixo existen varias vivendas, que a pesar da súa dispersión, teñen xa instaladas as luminarias pero non están en funcionamento. Para o BNG “nos orzamentos non se trata, unicamente, das cantidades de cartos que se asignan a cada partida se non de como se xestiona”. Sangiao avanzou que o BNG seguirá traballando para que os servizos municipais cheguen “en igualdade” a todas as zonas do concello.