Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade celebrará o entroido o 4 de marzo e haberá un taller para nenos todos os días

Por 25 Febreiro, 2019Sin comentarios

O Entroido chegará a Xermade o luns 4 de marzo coa celebración dunha festa na tarde-noite. Os actos darán comezo ás 21.30 horas no pavillón polideportivo coa actuación do Dúo Venus.

Haberá chocolate quente para todos os asistentes e farase un concurso de disfraces ao que poderán presentarse tanto empadroados como non empadroados no Concello. Haberá premios para grupos, parellas e individuais, que oscilarán entre os 200 e os 5o euros.

Todos os que desexen sumarse a este concurso poden facelo ata o día 27 de febreiro.

Por outra banda, o concello organizará os días 4, 5, e 6 de marzo un obradoiro infantil sobre o entroido que se celebrará no pavillón polideportivo de Xermade. Todos os interesados en asistir poden anotarse no propio concello.

O horario será de 11.00 a 14.00 horas e está dirixido a todos os nenos e nenas do concello con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.