Skip to main content
Actualidade

As Pontes recoñecerá a labor da maxistrada pontesa Pura Caaveiro Ameneiro

Por 8 Marzo, 2019Sin comentarios

O sábado, 9 de marzo, ás 19:00 horas, no auditorio municipal Cine Alovi, o Concello das Pontes, recoñecerá a labor da única muller pontesa maxistrada, Pura Caaveiro Ameneiro, titular do xulgado número 7 da Coruña, en prol da defensa da igualdade da muller nos eidos de poder, da súa visiblidade e do empoderamento feminino.  

Será durante un concerto, organizado en colaboración coa Banda- Escola Municipal de Música das Pontes, a través do que se quere reivindicar o papel da muller na música, no mundo da arte e na sociedade actual.

No transcurso deste concerto dedicado ás mulleres, o Concello das Pontes faralle entrega a Pura Caaveiro Ameneiro dun recoñecemento a súa traxectoria profesional e a súa contribución activa na defensa do cumprimento dos dereitos fundamentais, na eliminación da discriminación e na loita pola equidade na nosa sociedade. Pola súa parte, a Banda Escola Municipal de Música estreará unha peza musical composta, ex profeso, na honra da homenaxeada.

Desde el Concello das Pontes anímase a toda a veciñanza a participar neste acto de recoñecemento público a unha muller pontesa no que tamén se potenciará e fará visible o papel do muller na música, un territorio dominado polas figuras masculinas e no que as mulleres quedaron relegadas a un segundo plano.

Así o goberno local súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller, unha data que, en palabras de Montserrat García, dá a oportunidade para transformar, impulsar, tomar conciencia sobre o papel da muller e empoderala en todos os ámbitos así como para render  tributo a todas aquelas mulleres, coñecidas e anónimas, que xogaron, xogan e xogarán un papel esencial na defensa da igualdade e na historia das nosas vilas”