Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Presentado o programa da Feira do Ferro de Riotorto

Por 12 Marzo, 2019Sin comentarios

A Feira do Ferro de Riotorto, que chega este ano a súa edición número XIII, terá lugar o domingo 14 de abril. Esta festa está organizada pola Asociación de Ferreiros en colaboración co Concello de Riotorto e subvencionada pola Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Non deixa de ser unha das celebracións de máis trancendencia en Riotorto acollendo todos os anos unha gran cantidade de visitantes que se achegan a ver traballar a estes artesán en directo.

A organización do evento vén de facer público o programa, que arrincará o sábado pola noite, ás 22.00 horas, cunha comida popular co polbo como protagonista. A feira terá lugar o domingo, e abrirá as súas portas ás 11.00 horas comezando xa de seguido coas demostracións de oficios., nas que haberá pirogravado, torneado de madeira, cestería, alfarería e cristal tallado.

Trala presentación do libro A idade do Ferro, de Xosé Salgado, terá lugar a actuación do Coro de Riotorto, xusto antes da inauguración, que será ás 12.15.

A continuación terán lugar as demostracións en vivo da artesanía do ferro e os obradoiros infantís. Estas estarán a cargo de ferreiros de Rioroto e da Fonsagrada así como do Centro de Interpretación de la Forja (Navarra). Destarán os traballos de Alberto Leis, Friedich Brasmsteidl e Antonio do Corgo.
Pola tarde, a charanga Louband realizará unha animación itinerante co espectáculo realizado por Pepe Penabade.

Tralas novas demostracións en vivo da tarde, un espectáculo infantil no atrio da igrexa porá o punto e final. A organización lembra que haberá animación musical durante todo o día cos Gaiteiros de Riotorto e a propia chanranga.

O recinto feiral estará cuberto con carpa de haberá degustación de polbo e outros pratos de comida.