Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol convoca unha nova edición do concurso de investigación

Por 14 Marzo, 2019Sin comentarios

No día de onte presentouse na casa do Concello de Friol o cartel co que se confirma a terceira edición do concurso de investigación cultural no que diferentes traballos de tipo histórico, cultural e etnográfico relacionados con costumes, festexos ou tradicións do municipio optan a ser premiados.

Un ano máis o concello establece un primeiro premio de 2.000 euros e un segundo de 500.

Segundo indicou o alcalde, José Ángel Santos, “o Concello realiza un importante esforzo económico ao facerse cargo do montante dos premios, ao mesmo tempo que leva a cabo diferentes medidas para tratar de promover e difundir o patrimonio cultural do municipio, unha delas é continuar con esta actuación de importante valor para Friol”.

O rexedor anima a que participen o maior número de persoas achegando os seus traballos para esta nova edición, á vez que destaca a cantidade e alta calidade dos traballos das edicións anteriores. Aproveita a ocasión e sinala o seu agradecemento pola colaboración e implicación desde da Facultade de Ciencias da USC e Carballo Vivo, “xa que sen a súa colaboración e achega posiblemente este premio non fose unha realidade”.

Neste acto de presentación estiveron presentes as tres entidades que promoven o premio, o Concello de Friol, representado polo alcalde popular, José A. Santos; a asociación Carballo Vivo, representada polo seu presidente José Manuel Igrexas, e a de Facultade de Ciencias de Educación, representada polo profesor universitario Jesús Rodríguez. Todos eles coinciden na importancia de seguir traballando pola posta en valor do patrimonio do municipio.

Podes consultar as bases neste enlace.