Skip to main content
Actualidade

Pablo Díaz actúa este sábado na Casa Museo de Manuel María

Por 14 Marzo, 2019Marzo 15th, 2019Sin comentarios

Pablo Díaz estará este sábado en Outeiro de Rei, en concreto na Casa-Museo Manuel María, cun concerto dirixido para crianzas, entre 3 e 6 anos, e as súas familias. O músico interpretará cancións do seu último traballo, “Coas miñas mans”.

Pablo Díaz leva xa cinco traballos discográficos tendo por destinatario o público infantil. Durante os case dez anos de carreira percatouse da importancia que para as crianzas ten toda a xestualización manual e facial, por este motivo, e partindo das mans como estratexia comunicativa, xurdiu o seu traballo “Coas miñas mans”.

O concerto do sábado, que conta coa colaboración da ANPA do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, e da ANPA do CEIP Otero Pedrayo de Rábade, é presentado polo mesmo Pablo Díaz da seguinte maneira “Coas miñas mans podo debuxar, contar, s
entir… Música para aprender os números, as cores, as comidas… mais tamén para cantarlle á lúa, á primavera… Cancións divertidas para medrar con alegría!”

Pablo Díaz debutou, en decembro de 2009, co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC, acadando un éxito espectacular na Galiza, xa que a primeira edición do traballo esgotouse en 3 meses, e na actualidade encóntrase esgotada a 4ª edición do traballo. Este CD resultou un dos 3 finalistas nos premios galegos da música Martín Códax e foi o gañador do premio “Anisia Miranda á creatividade infantil” en 2011.

En novembro de 2013, veu a luz o seu segundo traballo, TOC TOC, que tivo que ser reeditado en febreiro de 2014 e do que van vendidos máis de 4000 libro-discos.

Decembro de 2014,editou un CD máis íntimo e dedicado ao público de menor idade, “Xente miúda, moita fartura”, apostando nesta ocasión pola autoprodución e por contar coa colaboración de Tito Calviño e Carmen Rey. Dous anos máis tarde saiu á rúa o seu penúltimo traballo, “Tic tac toc”.

As entradas para poder asistir ao concerto deste sábado poden reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao tel. 698177621.