Skip to main content
ActualidadeVilalba

Lanzós celebra esta fin de semana as súas patronais

Por 15 Marzo, 2019Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Lanzós celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Xosé.

As actividades darán comezo o sábado ás 13.30 horas coa celebración da misa solemne seguida da sesión vermú, que estará a cargo de Trío Innovación.

Pola noite haberá verbena a cargo das orquestraas Cinem e A Fórmula, que presentará o seu novo espectáculo pola Terra Chá.

O domingo haberá tamén misa pola mañá, á memsa hora e sesión vermú. O apartado musical estará a cargo do grupo D’Nika.

A organización lembra que haberá unha carpa para protexer aos asistentes das inclemencias do tempo.