Skip to main content
Actualidade

Arrinca esta fin de semana unha nova edición da Mostra de Teatro de Castro

Por 21 Marzo, 2019Sin comentarios

A localidade de Castro Ribeiras de Lea acolle esta fin de semana unha nova Mostra de Teatro Municipal, que chega á súa VII edición e que se celebrará, como en anos anteriores, na Casa da Cultura.

A mostra constará de tres representacións comezando este venres, 22 de marzo, as 21.30 horas co representación de Unha noite de primavera sen sono, a cargo da Escola Municipal de Teatro de Castro de Rei.

A continuación, o sábado, nesta ocasión ás 19.30 horas, terá lugar a representación de Divinas Palabras, a cargo da Escola Municipal de Teatro de Vilalba.

A última das obras será o domingo, tamén ás 19.30 horas, cando se representará , da Escola Municipal de Teatro Pontenova.