Enquisa Mobilidade

Arrinca o Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa

Hoxe da comezo en Vilalba unha nova edición do Concurso de tapas organizado como activade previa á celebración da Festa do Queixo San Simón da Costa, que terá lugar os días 6 e 7 de abril. Neste concurso de tapas o ingrediente estrela é este lácteo de fama internacional.

39 locais de hostalería de Vilalba sumaranse este ano á XII edición do Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa, cinco se presentarán na categoría de tapa creativa e o resto en tradicional, aumentando así o dato de participación con respecto ao ano pasado.

O concurso de tapas deste ano desenvolverase ata o 31 de marzo e está aberto á participación de todos os locais. Xa o ano pasado tivo unha gran repercusión xa que participaron 38 locais.

Durante estos dez días de tapas, cada local presentará a súa proposta a un público esixente cun único requisito, que conteña queixo San Simón da Costa.

Como en edicións anteriores, haberá dúas categorías neste concurso de tapas, as creativas e as tradicionais. De cada un destes grupos escolleranse catro semifinalistas, que serán as catro máis votadas polo público, e as que se presenten na gran final, que terá lugar o sábado, aínda que a hora non está determinada.

Para dárlle máis relevancia a esta final, os oito pratos seleccionados terán que cociñarse en directo e posteriomente serán valorados por un xurado formado por un representante do Concello, outro da Denominación de Orixe e dous cociñeiros, aínda sen determinar, o mesmo día da Feira.

Para poder probar as tapas deste concurso hai que acudir aos locais participantes en horario de tapeo polas tardes e as fins de semana tamén ao mediodía. As tapas do concurso terán un prezo de 1,50 euros os da categoría tradicional e a partir de 2,50 as da categoría creativa.

Os consumidores poderán ademáis participar na Ruta do Tapeo ata o día 31 de marzo de 2019. Haberá a disposición do usuario unhas papeletas nas que aparecerán todos os establecementos participantes, así como un mapa indicador da súa localización. Cada establecemento dispón dun espacio para que o consumidor, ao degustar a tapa, poida solicitar que lle selen o devandito espacio coa marca do establecemento.

Cando o consumidor acade dez selos de dez establecementos diferentes, pode introducir a papeleta debidamente cumplimentada cos seus datos persoais, pasando así a participar no sorteo de varios agasallos que se sortearán ao finalizar o concurso e serán citados, previa chamada telefónica, para a súa recollida.

LISTAXE DOS LOCAIS PARTICIPANTES

BASES DO CONCURSO

FEIRA

Como en anos anteriores haberá dous días de feira, o 7 e o 8 de abril, e desenvolverase na praza da Constitución, onde se colocarán os stands de artesáns e produtos gastronómicos que todos os anos completan o panorama festivo.

O pregón deste ano estará a cargo do actor Luis Zahera, goya ao mellor actor de reparto 2019, que dará o pistoletazo de saída oficial ás 18.00 horas do sábado. Será tamén o momento no que se fará entrega dos premios do Concurso de tapas, que terá a súa final na mañá do día 6. Tamén se fará entrega aos gañadores do concruso de carteis.

Previamente, ás 13.00 horas, terá lugar a actuación de La Musgaña, na Alameda. Pola, tarde, ás 16.30 representarase a comida Saaabor! na praza da constitución, antes da entrega de premios da competición ciclista, que será ás 17.30 horas.

A progamación completarase o mesmo sábado coa actuación da Orquesta Mondragón no auditorio Carmen Estévez. As entradas para este concerto xa están á venda na Casa da Cultura e a través da web ataquilla.com.

O domingo estará dedicado con máis amplitude á cociña con dous showcooking, a primeira, ás 12.00 horas a cargo de Jacobo Santiero, do Mercado Streetfood de Lugo; e o segundo, de Marcos Morán, do restaurante Casa Gerardo, que conta cunha estrela Michelín.

Durante todo a mañá Airiños da Freba e Festicultores percorrerán as rúas de Vilalba animando a xornada coa súa música.

DATOS. A Denominación de Orixe Protexida volveu superar o ano 2018 o medio millón de queixos elaborados, producindo unha nova cifra histórica, 534.656 unidades, que lle permitiu á DOP unha facturación de 3,66 millóns de euros.

As  unidades de queixos vendidas o ano pasado supuxeron un incremento do 3,62% respecto ao ano anteior, no que se certificaron 515.998 unidades.

Actualmente, a denominación conta con dez queixerías funcionando, as mesmas que o ano pasado, que significou un aumento tamén na produción en quilogramos, pasando de 480.680 a 503.698 kg do pasado exercicio.

No tocante á facturación, as dez produtoras (oito do Concello de Vilalba, unha de Abadín e outra de Castro de Rei) sumaron en total 3.666.924  euros fronte aos 3.499.344 do ano anterior.

Aumentou tamén o número de gandeirías implicadas na produción do queixo, pasando de 346 en 2017 a 350 no exericio pasado.

Etiquetas