Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Escola de Movemento de Vilalba presentará 12 coreografías ao clasificatorio para o Mundial de danza

Por 22 Marzo, 2019Sin comentarios

Por terceiro ano consecutivo, a Escola de Movemento de Vilalba ten a posibilidade de participar no Clasificatorio para o Mundial de Danza acadando récord de participación tanto en número de coreografías presentadas como en número de participantes, xa que esta ano chegan ata o 90 rapaces e rapazas, que teñen entre 2 e 20 anos.

A escola presentará á competición un total de 12 coreografías, que foron preparadas polos adestradores José Luis Puentes, Raquel Díaz e Noelia Blanco. Con estas 12 coreos competirán en distintas modalidades e categorías dende o 11 ao 14 de abril en Burgos, xogándose o pase ao Mundial de Danza, ao que accederon nos dous anos precedentes.

O calendario de competición para cada unha das coreografías presentadas é o seguinte:

Venres 12 de abril:
● Lets get Loud – 11:40 h – Coreografía defendida por 21 nenas de 8 a 13 anos
● Ni una más – 12:55 h – Coreografía defendida por 12 nenas de 10 a 20 anos
● A Carolina – 21:30 h – Coreografía defendida por 15 nenas de 9 a 13 anos n

Sábado 13 de abril:
● Redeiras – 13:00 h – Coreografía defendida por 21 nenas de 4 a 20 anos
● Unha volta e un poema – 14:40 h – Coreografía defendida por 3 nenas de 10 e 11 anos
● Super-mini-héroes – 18:40 h – Coreografía defendida por 48 nenas e nenos de 2 a 9 anos

Domingo 14 de abril:
● Wild dances- 9:00 h – Coreografía defendida por 34 nenas e nenos de 3 a 20 anos
● Aí ven o maio – 10:00 h – Coreografía defendida por 17 nenas de 4 a 9 anos
● Tombola 13:40 h – Coreografía defendida por 22 nenas de 7 a 13 anos
● La Chica Yeye – 8:30 h – Coreografía defendida por 15 nenas de 8 a 13 anos
● Super Héroes – 15:35 h – Coreografía defendida por 11 nenas e nenos
● Osito Gominola – 15:45 h – Coreografía defendida por 13 nenas de 4 a 9 anos

O Equipo de Competición 2019 está formado por Abush Pérez, Adriana Ramudo, Airas Castro, Alba Rio, Alexia
Cendán, Alonso Maceira, Ana H Ferreiro, Ana Purriños, Andrea Naseiro, Andrea Paz, Ángela de Angelis, Aroha Díaz, Aroha Gómez, Candela Ferreiro, Candela Marino, Candela Vérez, Carla González, Carla Mosteiro, Carla Pena, Carlota Orosa, Catuxa Lamela, Cris Pena, Dania Seoane, Daniella Prado, Emma Pena, Eugenia Vérez, Gabriela Bellas, Gloria Pereira, Helena H Quintela, Hiwot Orosa, Icia Fraga, Icia Vilas, Ilina Dranka, Inés Fraga, Irene Martínez, Irene Sande, Irica Currás, Jimena García, Jimena Novo, Lara Fernández, Laura González, Lucía
Díaz, María Cendán, María García-Anllo, María Leal, María Orosa, María Purriños, Mariña Esmorís, Mariña Lamela, Mario Seoane, Marta Pumares, Mencía Fernández, Minia Vilas, Naiara Bello, Naira Seoane, Nerea Ramudo, Nina Vázquez, Noa Formoso, Noa Lamas, Noa Rouco, Noa Sande, Noa Seoane, Nuria Carreira, Nuria Fraga, Olaya Seoane, Olivia Luque, Paula Carreira, Paula Paz, Paula Veiga, Raquel Díaz, Sabela Veiga, Sabela Vidal, Sandra Bañobre, Sara Díaz Darriba, Sara Díaz Fernández, Sara Ferreiro, Sergio Rio, Silvia Cendán, Tais Trastoy,
Telma Zapata, Uxía Lamas, Valerias Bellas, Vera Rouco, Xan Verdes, Xiao Seoane, Zaida Currás.