Skip to main content
AbadínActualidade

Dous mozos de Abadín crean unha app de esquelas

Por 28 Marzo, 2019Sin comentarios

Dous rapaces da Terra Chá, Miguel de Castro de Rei e Carlos de Abadín, veñen de crear unha aplicación para os teléfonos móbiles para estar ao día das esquelas e das funerarias.

Ante a necesidade de achegar estes eventos ás novas tecnoloxías decidiron desenvolver Esquelas do día, a aplicación para dispositivos móbiles e a web na que manterse ao día ou comunicar a actualidade funeraria.

“Non so é unha aplicación enfocada á terceira idade” di Miguel, “tamén conta cun directorio de funerarias preto á ubicación seleccionada”.

Esta aplicación filtra a búsqueda por concellos e funerarias e é de fácil manexo e de descarga gratuíta. “Comezamos a falar coas funerarias e mandáronos a información necesaria para poder engadir á aplicación, hai que agradecerlles o traballo de colaboración” engade Miguel.