Skip to main content
ActualidadeXermade

Inés cambiou a cámara fotográfica polos fongóns

Por 31 Marzo, 2019Sin comentarios

“Antes traballaba de fotógrafa de bodas, bautizos e comunións e quedei no paro” así comezou a súa aventura vexetal Inés López, unha vivairense afincada na parroquia xermadense de Cabreiros, que abriu un obrador de cociña 100% vexetal para elaborar pratos e postres sen ovos, nin leite, nin manteiga . “Xa fai uns 6 anos que a miña parella  tivo un problema intestinal e non podía comer produtos refinados”, di apra explicar como comezou a cocinar pratos vexetais ou con outros ingredentes. Esto fixo que profundizara no seu pequeno gusto pola cociña. Sendo unha persoa autodidacta, e despois de moito practicar, e de facer cursos e talleres, comezou cos seus deliciosos e orixinais biscoitos.

Unha vez coa ida na cabeza, veu o momento de buscar unha ubicación acorde con este traballo tan artesanal e natural. “Tiñamos claro que queríamos algo no rural, por exemplo no meu caso, para ter unha horta coa que abastecer a cociña”, aclara Inés. Así despois de moito mirar, encontraron un lugar perfecto para os seus proxectos na parroquia xermadense de Cabreiros, donde fai vida e mostra a súa creatividade nos fogóns.

Inés López é unha artesá da cociña, viu un interese popular na cociña vexetal, así que aproveitou este filón e lanzouse a montar SenSucre, nome oficial da súa pequena empresa emprendedora dedicada á elaboración de pasteis e biscoitos con produtos naturais.  A súa oferta é 100% vexetal, apta para veganos e moi ecolóxica, aínda que non teña o selo de calidade. A súa primeira liña de traballo é a Doce, na que se centra na elaboración de diferentes produtos de repostería sen usar sucre, tan só endozando con stevia e usando fariñas integrais ou de espelta.

Ademais, Inés aposta polos produtos de tempada, como por exemplo os pasteis que se poden atopar agora, como a laranxa ou cabaza, ademais doutras froitas que están todo o ano. Complementa todo o coidado que lle mete ao plato con facer unha bonita presentación do seu pastel, porque o que lle gusta é “facer unha cociña rica, saudable e vistosa”.

Traballa por encargo pero tamén ten algúns puntos de ventas, como o Mercado da Terra en Lugo ou a cooperativa coruñesa Zocamiñoca, vinculados todos eles a cociña ecolóxica.

Esta cociñeira ten claro que o seu seguinte paso é abrir a Liña Salgada, na que ten idea de facer patés vexetais, pesto ou falafel. Pratos máis elaborados, pero quere que siga a mesma liña de sostenibilidade e de coherencia vexetal.

Pero para seguir ampliando o seu negocio tradicional e profundamente artesanal, Inés está pendente de diferentes permisos, pero, sobre todo, do financiamento necesario para seguir adiante porque como ela dí,  tan só coas boas ideas non se vai a ningures”.

A súa cociña orixinal e totalmente diferente estase a convertir nun exemplo seguido por moitos afeccionados á cociña cen por cento vexetal e sen aditivoos. Así, polo momento realiza obradoiros e talleres nos colexios e centros sociais da contorna cando a chaman e non dubida en seguir creando cousas novas.

Para os namorados da gastronomía, non deixa de ser un exemplo de orixinalidade e saber facer combinando unha alimentación totalmente saudable cunha presentación inmaculada e diferente.