Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz organiza un taller de autodefensa para mulleres

Por 1 Abril, 2019Sin comentarios

O vindeiro domingo 7 de abril celebrarase na Casa Habanera un  taller de auodefensa e seguridade en horario de 11:00 h a 14:00 h e dirixido exclusivamente ao colectivo femino.

Todas as interesadas en asistir poden anotarse de xeito presencial no Concello ou por e.mail en info@concellodeguitiriz.com ou por teléfono no 982 370 109.

Os obxectivos do taller son aumentar a autoestima e seguridade da muller, eliminar o medo, elevar a confianza en si mesma, interiorizar hábitos realistas de prevención, aprendeer a utilizar técnicas de defensa persoal, sinxelas, contundentes e accesibles para defenderse dunha agresión, asesorar e orientar á muller, poñer en práctica situacións reales de perigo, preparar física e psicoloxicamente á muller ante unha agresión e preparar técnicas de mantemento de calma.

Trátase dunha actividade gratuíta enmarcada dentro do programa de actividades Guiados por Rosalía e Díaz Castro: tempo de Lecer en familia.