Skip to main content
ActualidadeVilalba

O FIV de Vilalba 2019 acollerá un novo concerto sorpresa Mahou 5 Estrelas

Por 3 Abril, 2019Sin comentarios

Por terceiro ano consecutivo, Mahou será un dos patrocinadores principais do FIV de Vilalba. Nesta edición, a cervecera complementará a oferta de lecer do evento co Concerto Sorpresa Mahou Cinco Estrelas. Trátase da actuación dun artista sorpresa que terá lugar o sábado 27 de abril antes da apertura de portas do festival. Este concerto está ideado para que o público teña a oportunidade de asistir a unha actuación única e especial grazas á proximidade ao artista que brinda o espazo, un dos lugares máis emblemáticos do municipio de Vilalba: a Torre do Parador.

Ao Concerto Sorpresa Mahou Cinco Estrelas accederase con pases que só se poderán conseguir a través dun sorteo promovido pola organización do festival nas súas redes sociais e unha promoción que a marca de cervexa levará a cabo en distintos establecementos da contorna do festival.

En canto ao protagonista, un dos poucos detalles que se poden desvelar é que será un artista nacional que en poucas ocasións actuou para un público tan reducido e nun espazo tan singular. Só os ganadores saberán de quen se trata cando o vexan subir ao escenario.

O público poderán participar no sorteo das cinco invitacións dobres dispoñibles para este Concerto Sorpresa Mahou 5 Estrelas etiquetando ao seu acompañante e incluíndo o hashtag #MahouSorpresaFIV en Instagram. Para poder participar, os interesados deberán ter o abono do FIV 2019 ou, polo menos, a entrada dun dos días. O mércores 17 de abril comunicaranse os nomes dos afortunados que asistirán a este Concerto Sorpresa Mahou 5 Estrelas a través das redes oficiais do festival.

Con esta iniciativa, Mahou pon de manifesto o seu apoio á música, así como a súa aposta por compartir a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público; desenvolvendo experiencias únicas que achegan ás persoas aos seus artistas favoritos.