Skip to main content
AbadínActualidade

O Concello de Abadín investirá preto de 700.000 euros en aglomerado de camiños

Por 8 Abril, 2019Sin comentarios

O alcalde de Abadín, Xose María López Rancaño, anunciou que este ano o Concello investirá máis de 700.000 euros no aglomerado de camiños nas 19 parroquias do termo municipal.

Este montante vén de tres partidas diferentes, por unha banda 300.000 euros procedentes do Plan Único 2019 da Deputación Provincial, outra cantidade similar con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e preto de 100.000 aportados pola Consellería de Medio Rural a través do Plan de Camiños.

Os traballos a executar repartiranse por todo o termo municipal e a intención é comezar e rematar con todas as obras antes da chegada do verán. Os traballos consistirán na limpeza e desbroce das cunetas, reparación do trazado e aglomerado en quente, para rematar con traballos de pintura.

MUDANZA

Os funcionarios do Concello de Abadín están estes días co traballo de mudanza do arquivo municipal ao novo edificio, segundo indicou o alcalde, un traballo que está levando moito tempo xa que require non so o traslado dos documentos físicos senón tamén todo o proceso de clasificado no novo edificio.