Skip to main content
ActualidadeVilalba

Ladra acolle a II edición da Festa da Amizade das parroquias vilalbesas

Por 9 Abril, 2019Sin comentarios

As parroquias vilalbesas de Ladra, Nete e Noche volverán celebrar este ano a Festa da Amizada, unha celebración que reúne aos habitantes destas parroquias veciñas baixo unha mesma carpa.

A celebración terá lugar o día 27 de abril. O acto principal será a celebración dun xantar no propio campo da festa servido polo cátering Chao da Brea. O menú constará de entrantes, merluza en salsa de marisco, solmomillo de porco en salsa con cogomelos, pan, bebida, postres, todo por un prezo de 23 euros.

Xa antes, sobre as 13.30 dará comezo a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Principal.

Unha vez rematado o xantar, haberá unha actuación musical a cargo da Asociación Cultural Andrade, do Grupo Mestura de Nete e do trío Innovación. A festa, que non parará durante a tarde contará con sorteos.

O fin de festa será a gran verbena, que estará a cargo tamén dos grupos do día, o Trío Innovación e a orquestra Principal.

Os interesados en apuntarse a este xantar poden facelo en Noche a través de Javier (650 365 554), en Nete a través de Carral (686 186 912) e en Ladra por Félix (616 937 428).