Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade organiza un campamento urbán en Semana Santa

Por 10 Abril, 2019Sin comentarios

O Pavillón poliderpotivo de Xermade acollerá un campamento urbán na semana de Semana Santa co obxectivo de axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos pais do concello.

Así, o campamento terá lugar os días 15, 16, 17 e 22 de abril, entre as 9 e as 14 horas. Nese tempo, os asistentes realizarán actividades deportivas e teatralización a cargo de monitores titulados.

O campamento está dirixido a nenos de 3 a 12 anos e ten un custe de 45 euros con cinco de rebaixa para o segundo neno.

Os interesados en inscribirse e recibir información poden facelo no teléfono 672769345.