Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Todo listo para o XXII Máster Nacional de Futbolín de Rábade 2019

Por 12 Abril, 2019Sin comentarios

XXII Máster Nacional de Futbolín de Rábade terá lugar o 18, 19 e 20 de abril coincidindo, un ano máis, coa celebración da Semana Santa e levando a Rábade parellas vidas de todos os rincóns da xeografía española.

Trátase dunha cita que ano a ano logra atraer a un maior número de persoas, entre participantes e veciños da comarca que se achegan a presenciar un espectáculo único na provincia. Así, xa se poden comezar a inscribir, xa que o prazo comezou o día 1 de abril.

Como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis, onde se repartirán 10.000 euros en becas deportivas. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes.

O Gran Máster Nacional de Futbolín contará novamente este ano con bater o récord de participantes e poder chegar aos 500. O ano pasado foron 424 xogadores, dos cales había 52 parellas novas, é dicir, 104 xogadores que competían por primeira vez.

A organización anunciou que este ano se repartirán un total de 10.000 euros en premios. O maior será o de campión en movemento que este ano estará dotado de 1.400 euros e trofeo, mentres que o de parado recibirá 1.200 euros.  O resto de premios, ata un total de 22, oscilarán entre os 700 e os 50 euros.

Ademais da cuantía económica, os trofeos serán diferentes xa que se elaborarán de forma personalizada e terán un deseño exclusivo e orixinal.

“A idea era facer un trofeo diferente e orixinal. Esperamos que sexa do gusto dos participantes”, explica Lolín, organizador e impulsor deste evento deportivo.

Haberá tamén o trofeo Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular, o trofeo Concellería de Deportes para o mellor xogador, o trofeo Concello de Rábade para a mellor xogadora e o trofeo David García, para o mellor porteiro.

Os gañadores das categorías raíña recibirán ademais do premio económicos a estancia do ano que vén no Coto Real. Tamén repartiranse entre toudos roupa deportiva dos moitos colaboradores do evento.

TURISMO. Este evento é para Rábade un impulsor da economía da zona durante a Semana Santa xa que trae para o concello un gran número de turistas, que aproveitan os días festivos para pasar as vacacións coa familia na zona. De feito, veñen parellas de afeccionados de todas as partes do territorio español. Para todos o prezo de inscrición é de 25 euros por persoa.

A comisión organizadora deste evento xa ten todo listo para esta nova edición, que, como sempre, se disputará no pavillón do colexio e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.

O mércores 17 de abril darase o pistoletazo de saída coa presentación do evento e o sorteo de equipos, aínda que as competicións iniciaranse o xoves a partir das 16.00 horas coa modalidade infantil e de parellas cegas.

O venres será o día dedicado ás modalidades en parado e feminina e o sábado pola mañá a de movemento. As finais serán o sábado a partir das 21.00 horas.

PROGRAMACIÓN 

A programación do XXII Gran Master Nacional de Futbolín é a seguinte:

Xoves, 18 de abril:

  • 16:00 horas: Comezo do máster (Modalidade infantil 2002-2019)
  • 17:o0 horas: Sorteo de parellas cegas
  • 18:30 horas: Modalidade ‘Combinada parellas cegas’

Venres, 19 de abril:

  • 12:00 horas: Modalidade ‘En parado’
  • 12:00: horas: Modalidade ‘Feminina’

Sábado, 20 de abril:

  • 11:00 horas: Modalidade ‘En movemento’
  • 21:00 horas: Finais
  • 23:00 horas: Entrega de premios e clausura