Skip to main content
ActualidadeCospeito

O PSOE de Cospeito volve presentar no Pleno as deficiencias na Casa da Cultura

Por 16 Abril, 2019Sin comentarios

Rosa Morán Luaces, na súa condición de voceira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Cospeito levou ao Pleno varios puntos dunha moción referente a Casa da Cultura de Feira do Monte.

Dito edificio leva uns días pechado, según di por motivos de enfermidade, pero iso non impide denunciar a situación creada polo deterioro progresivo e falta de mantemento. Recentemente puideron ver cuncas recollendo auga polas continuas goteiras tanto na entranda como nas distintas dependencias, cafetería, salón de actos, biblioteca, baños, cociña e almacen na planta baixa, coas graves consecuencias que esto ocasiona tanto aos usuarios coma aos arrendatarios da cafetería.

Ao Grupo Municipal socialista cónstalles tamén que tanto a caldeira da calefación como todo o entramado de tuberías están sumamente deteriorados con continuas fugas e goteiras que se suman ás do tellado, incluso estando moitas veces a calefación apagada con todo o que elo supón. Recentemente caeu a cornixa da parte superior da fachada, por sorte non ocasionou danos a persoas, pero puido ter ocurrido unha desgraza, ou pode ocurrir nun futuro se non se arranxa en condicións.

Hai graves problemas coa cociña situada na planta sótano tamén con gotereiras e grandes humidades, polo que o actual arrendatario se ve gravemente perxudicado. Incluso no mes de novembro rexistrou un escrito no Concello facendo constar as queixas polo estado das instalacións do que non tuvo resposta. Fixose algún arranxo provisional, pero os problemas van a máis.

Por todas estas cuestións presentan ante o Pleno para o seu debate e aprobación a moción de instar ao alcalde a que lles explique a actual situación do contrato da cafetería da Casa da Cultura de Feira do Monte, e se ten liquidado todo o anterior arrendatario. Ademais de instar ó goberno municipal ao arranxo integral e non con continuas pequenas reparacións da Casa da Cultura, reparando o exterior, toda a instalación da calefación e demáis dependencias, así como o almacén, cociña e baños do sótano.