Skip to main content
ActualidadeVilalba

Unha de cal e outra de area para a loita olímpica vilalbesa

Por 16 Abril, 2019Sin comentarios

Esta fin de semana foi o Campionato de España Universitario que se disputou en Murcia e que contou coa presenza da USC e a UVigo na modalidade de loitas olímpicas. Por parte do club vilalbés tiveron a representación de Fran Monasterio que nos pesos pesados formou parte do equipo da USC do Campus de Lugo.

Xunto a Fran a USC tamén contou coa presenza de dúas loitadoras do Lugo, Sabela Chan que acadou o oitavo posto e Dafne Iglesias que acadou o bronce. Fran pola súa banda tivo mala sorte e non puido pasar do primeiro enfrontamento ao lesionarse un xeonllo e deste xeito non puido revalidar o título acadado o ano pasado.

Tamén resaltou a participación de Carlos Yobani García no Torneo Internacional de Jóvenes Promesas que se celebrou en Murcia e que cada ano recibe a centos de deportistas de varios países. Este ano disputáronse as categorías de Sub23 e Júnior nas xornadas do sábado 13 e o domingo 14 respectivamente. Carlos participou en ámbalas dúas con sorte dispar e dando mostra da fatiga acumulada durante estes dous meses de competicións e concentracións case continuada e sempre sen perder un so enfrontamento.

O sábado na categoría Sub23 acadou a prata perdendo a final ante o asturiano Carlos Álvarez, mentras que o domingo na categoría júnior non puido superar ningún dos tres enfrontamentos perdendo ante os representates de Suecia, España e Israel, todos eles a priori asequibles para o noso deportista pero que sen embargo o superaron con certa facilidade.

Agora toca recuperarse e descansar ademais de analizar novas liñas de traballo que non fatiguen tanto ás novas promesas que vense obrigados a enfrontarse a un calendario moi esixente no que se agarda que estean no máis alto de maneira continuada durante períodos de tempo que escapan á capacidade biolóxica dos deportistas.

As diferentes categorías da selección española ofertan tan poucas prazas para a competición oficial internacional que cada proba é un exame para valorar criterios de selección o que leva a manter un nivel deportivo moi elevado durante toda a tempada traendo consigo lesións, fatiga e outros aspectos negativos que cunha boa racionalización do calendario e unha mellor xestión dos equipos de traballo poderíanse mitigar.
Dense o club de Loitas Olímpicas de Vilalba seguirán traballando para acadar os obxectivos plantexados para esta tempada e a seguinte, que son a clasificación de José Cuba (actualmente tamén lesionado) para Tokio e a preparación de Carlos Yobani para o europeo júnior do mes de xuño.