Axencia de colocación

Falece o comerciante e colaborador vilalbés Ramón Paz Guntín

Hoxe faleceu en Vilalba o comerciante e colaborador deste medio, Ramón Paz Guntín, moi coñecido na vila por ser o propietario da Casa dos Marios, un comercio situado na esquina da praza Suso Gayoso coa rúa dá Pravia.

Ramón Paz, de 81 anos, era fillo de Mario Paz, cuxa primeira tenda situouse na actual rúa García Mato, e sempre rexentou este comercio metade bar e metade venda de todo, cun amplo sorriso na cara.

A Casa dos Marios será recordada por se un comercio dos de sempre, con multiples doces e recordos nos seus escaparates e cunha ampla variedade de queixos de San Simon da Costa.

A capela ardente está situada na sala nº2 do tanatorio Rego e Carballés, e recibirá sepultura no Cemiterio Municipal de Vilalba o luns 22 ás 17:00 horas.

Etiquetas