Skip to main content
A PastorizaActualidade

A LNB viaxou ata Bretoña e deixou a victoria na chaira

Por 22 Abril, 2019Sin comentarios

Esta fin de semana a LNB viaxou ata Bretoña, para disputar a decimoprimeira xornada da liga Norleste de billarda no campo de fútbol desta localidade chairega, nun aberto organizado por Chainzos-Cadaval.

Nunha tarde soleada que deixou de novo, a vitoria na chaira, despois das dúas últimas xornadas marchando cara a mariña lucense. Por equipos, os Carabullo da Ponte de Outeiro alzaronse co primeiro posto, seguidos dos Billardeiros Musicais e aventaxando a estes en dez puntos.

Na clasificación individual, foi tamén vencedor un dos de Carabullo, Albino que acadou a súa terceira vitoria nun aberto este ano, segundo foi Daniel, dos Billardeiros Musicais e terceiro Milio, dos Remourelle Bulls. Na clasificación xeral, o segundo posto de Daniel, serviulle para alzarse ata o primeiro posto, metendo unha boa renta sobre os seus perseguidores, Chousa e Manu Pozo.

A seguinte xornada, e xa a penúltima da liga, será o vindeiro 4 de maio na Ponte de Outeiro.