Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba convoca unha nova edición do certame literario das Letras Galegas

Por 24 Abril, 2019Abril 25th, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de convocar unha nova edición do Certame Literario das Letras Galegas 2019 no que poderán participar rapaces de distintas idades e co que se pretende sumarse á celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, que este ano estará dedicado a Antón Fraguas.

O Concello establece este ano seis premios diferentes, dous de ámbito comarcal e catro municipal. Así establece no primeiro dous galardóns:

  • Premio Manuel Mato Vizoso.- Para rapaces/as de 15 ata 18 anos inclusive, dotado con 210 euros e diploma ó mellor traballo en prosa galega. Tema libre, e cunha extensión máxima de 20 folios mecanografados a dobre espazo.
  • Premio Xosé María Chao Ledo.- Para rapaces/as de 15 ata 18 anos inclusive, dotado con 210 euros e diploma ó mellor poema inédito en galego de metro e tema libres, cunha extensión máxima de 75 versos.

No apartado municipal, establécense catro premios:

  • Premio Xosé Lois García Mato.- Para rapaces menores de 15 anos dotado con 120 euros, e diploma ó mellor traballo en prosa galega de tema libre, cunha extensión máxima de 10 folios mecanografados a dobre espazo.
  • Premio Antonio García Hermida.- Para rapaces menores de 15 anos, dotado con 100 euros, e diploma ó mellor poema inédito en galego de metro e tema libres, cunha extensión máxima de 50 versos.
  • Premio Carmiña Prieto Rouco.- Para nenos e nenas menores de 10 anos dotado con 80 euros, e diploma ó mellor traballo inédito en prosa galega, tema libre e cunha extensión máxima de 5 folios mecanografados a dobre espazo.
  • Premio Antón Fraguas Fraguas.- Para nenos e nenas menores de 10 anos, dotado con 60 euros, e diploma ó mellor poema inédito en galego, de metro e temas libres, cunha extensión máxima de 20 versos.

O prazo para a recepción de traballos en calquera das especialidades nas que se presente rematan o 13 de maio e os gañadores daranse a a coñecer a través dos medios de comunicación. A entrega dos premios terá lugar no transcurso do Festival das Letras Galegas, que se celebrará o 17 de maio, ás 20.00 horas na Casa da Cultura vilalbesa coa colaboración de Corredores de Sombras. Esta celebración estará animada polas rúas de Vilalba co grupo Os do fondo da barra.