Skip to main content
ActualidadeVilalba

Mañá arrinca en Vilalba o FIV

Por 25 Abril, 2019Sin comentarios
O FIV de Villaba 2019 celebrará a súa duodécima edición esta fin de semana do mes de abril cun horario completo. La M.O.D.A., Miss Cafeina, Depedro, Marem Ladson e Sidonie Djs subiranse ao Escenario Mahou o venres 26 de abril. Pola súa banda, o sábado 27 de abril, chegaralles a súa quenda a Los Planetas, Iván Ferreiro, Dorian, Siloé e Cheese and Bacon Djs, que tocarán tamén sobre as táboas do Escenario Mahou. Mentres, La Sonrisa de Julia e a Banda de Música de Vilalba serán as encargadas de amenizar a sesión vermú do mediodía do sábado cun concerto gratuíto no Escenario Auditorio.
O FIV de Vilalba 2019 contará, ademais, cun completo programa de actividades, coas proxeccións das películas 20.000 días na Terra –un filme sobre o músico e icona cultural Nick Cave- e Oasis: Supersonic. Así mesmo, programou dúas charlas: unha delas a cargo do xornalista musical Javier Becerra, baixo o título Grandes historias do pop para xente pequena, co fin de introducir aos nenos no mundo da música e as súas máis grandes figuras a golpe de diversión e sorpresa. Pola súa banda, a Social media Manager Ana Medina conducirá a conferencia Que se esconde detrás dos community managers dun festival?
Este 2019, a exposición do FIV estará protagonizada pola Banda de Música de Vilalba. Unha completa colección de fotografías asomarase á historia da formación desde as súas orixes ata a actualidade.Por terceiro ano consecutivo, Mahou é un dos patrocinadores principais do FIV de Vilalba, completando a oferta de lecer do festival e poñendo de manifesto o seu apoio á música, así como a súa aposta por compartir a paixón, a alma e a proximidade entre os artistas e o público ao desenvolver experiencias únicas que achegan ás persoas aos seus artistas favoritos.

HORARIOS

Venres 27 de abril

12.00 a 20.00h. AUDITORIO MUNICIPAL. Exposición: La Banda de Música de Vilalba en fotografías.

16.30h. CENTRO CULTURAL. Cine: 20.000 días en la Tierra.

18.30h. AUDITORIO MUNICIPAL. Conferencia: ¿Qué se esconde detrás de los community managers de un festival?, por Ana Medina.

20.30 horas. ESCENARIO MAHOU. Apertura de portas.

21.00 horas. ESCENARIO MAHOU. Marem Ladson.

22.15 horas. ESCENARIO MAHOU. Depedro.

23.50 horas. ESCENARIO MAHOU. Miss Caffeína.

01.35 horas. ESCENARIO MAHOU. La M.O.D.A.

03.10 horas. ESCENARIO MAHOU. Sidonie Djs.

 

Sábado 28 de abril

12.00 a 20.00h. AUDITORIO MUNICIPAL. Exposición: La Banda de Música de Vilalba en fotografías.

13.00h. AUDITORIO MUNICIPAL. Banda de Música de Vilalba.

14.00h. AUDITORIO MUNICIPAL. La Sonrisa de Julia.

16.30h. CENTRO CULTURAL. Cine: Oasis: Supersonic.

18.30h. AUDITORIO MUNICIPAL. Conferencia: Grandes historias del pop para gente pequeña, por Javier Becerra.

20.30 horas. ESCENARIO MAHOU. Apertura de puertas.

21.00 horas. ESCENARIO MAHOU. Siloé.

21.55 horas. ESCENARIO MAHOU. Iván Ferreiro.

23.20 horas. ESCENARIO MAHOU. Los Planetas.

01.10 horas. ESCENARIO MAHOU. Dorian.

02.55 horas. ESCENARIO MAHOU. Cheese & Bacon Djs.