Skip to main content
ActualidadeMuras

O Pleno de Muras acorda unha suba das axudas da luz

O último Pleno celebrado en Muras antes do cambio de lexislatura aprobou a modificación das bases das axudas da luz, que recollen unha suba de ata 600 euros por beneficiario.

O alcalde do Concello, xa anunciara a intención de subir a cota da axuda debido ao aumento continuada da facturación eléctrica no territorio nacional. Estas axudas va directamente aos veciños grazas ao canon eléctrico que ten o Concello pola alta concentración de molinos no seu termo municipal.

O prazo para solicitar estas axudas ábrese no Concello de Muras normalmente no mes de febreiro deixando un tempo de algo máis dun mes para formalizar o proceso administrativo.

Concédese unha soa axuda a cada familia que o solicita e unha soa por vivenda habitual e por contador da luz destinado á vivenda habitual. No caso de edificios de vivendas, pódese conceder a axuda a cada vivenda que forme parte del e que así conste no padrón municipal de habitantes. Non poderán optar a estas axudas as vivendas que teñan débedas coa administración local, agás que sexan abonadas antes do remate do prazo.

O prazo deste ano xa pechou e o Concello realizará o pago das mesmas unha vez acabado o proceso e sempre en referencia ao ano pasado. Este ano farase o pago nun único prazo e a cuantía da mesma será estimada en función da renda per cápita do solicitante. Ata o de agora o máxim establecido era de 500 euros pero a partir do próximo ano será de 600 euros.