Os premios do Certame de Microrrelatos organizado polo Concello de Vilalba en colaboración con Culturalia GZ, con motivo da celebración do Día do Libro 2019, xa teñen premiados.
O xurado, que estivo formado, por Armando Requeixo, escritor e crítico literario; Mercedes Queixas Zas, profesora, escritora e secretaria xeral da AELG; Ánxela Gracián, escritora e tradutora; Martiño Maseda, poeta e administrador de Culturalia GZ (con voz e sen voto);e Patricia Teijeiro, concelleira de Educación e Participación Cidadá (con voz e sen voto).
Na categoría infantil o primeiro premio foi para Nerea Villar Ferreiro polo microrrelato A historia da Pravia; o segundo foi para África Montenegro Feal por O paraugas máxico; e o terceiro foi para María Otero Díaz polo Un ancián feliz.
En xuvenil os gañadores foron Mariña Maceiras Segovia polo microrrelato Perspectiva, Nee Barros Fernández por Relax- acción e Sandra Rodríguez Macía por A pantasma.
Xa en adultos o primeiro premio foi para Patricia Torrado Queiruga polo microrrelato Da estirpe ágrafa, o segundo foi para Raquel Fernández Fernández por Silencio, e o terceiro para Beatriz López Dorado por Polo recheo ao forno.
A entrega de premios será o venres día 10 de maio de 2019 ás 20: 00 horas na Casa da Cultura de Vilalba.