Skip to main content
AbadínActualidade

O PSOE de Abadín denuncia que están chegando vertidos ao río Gontán porque a depuradora non funciona

Por 13 Maio, 2019Sin comentarios

O PSOE de Abadín denuncia que están chegando vertidos ao río Gontán porque a depuradora municipal non funciona. O voceiro socialista, Pablo Díaz, advertiu que “levamos arrastrando estes problemas máis de 2 anos e o Alcalde do PP non fai absolutamente nada para atallalos. As augas residuais e os vertidos da fábrica láctea chegan directamente a auga do río que está sendo contaminada. E iso que o Concello conta cunha depuradora nova dende hai 4 anos. Esiximos ao rexedor que acometa de inmediato as reparacións necesarias na estación de auga e que solucione os problemas, pois ademais do problema medioambiental están as sancións que pode impoñer a Confederación Hidrográfica e que sairán do peto de todos os veciños”.

Puntos limpos abandonados

Pablo Díaz advertiu que os puntos limpos do Concello están totalmente abandonados. En concreto son os de Castromaior, Abeledo e Baroncelle. O voceiro do PSOE explicou que os residuos depositados na instalación municipal sobresaen, superando o peche do perímetro, acumulándose na vía e bloqueando as estradas, ademais de incumprir as mínimas normas de salubridade. “Por culpa da desidia do Alcalde temos auténticos vertedoiros incontrolados que dan unha imaxe pésima do Concello. Este é o fiel reflexo do mandato de López Rancaño, 4 anos de pasotismo”.