Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O domingo celebrarase a Festa da Fala de Guitiriz

Por 17 Maio, 2019Sin comentarios

Este domingo, día 19 de maio, terá lugar a Festa do San Alberte en Sambreixo, que ademais das celebracións relixiosas conta con actividades culturais e gastronómicas.

Coñecida coma Festa da Fala inclúe unha mostra de artesanía e varios concertos, así na sesión vermú intervirán Sons da Aldea e a partires das 18,00 horas Roxedoiro.

Ás 17 horas, dentro da igrexa vai ter lugar unha exposición de máis de douscentos instrumentos musicais de todo o mundo, algún de máis de 2000 anos, que van ser interpretados polo multiinstrumentista Abraham Cupeiro. Este concerto é convocado por Agadic e o Concello de Guitiriz.

A asociación Xermolos, organizadora do evento, convida na sesión vermut a liscos e chourizos que terá lugar ás 14.30.

As misas e procesión darán comezo ás 10.00 horas, á mesma á que arrincará a camiñata dende a praza de Guitiriz pola ruta da Auga. Do CIT de Pargar sairán ás 12.0 horas.