Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O PSOE de Riotorto comprométese con melloras no rural, no SAF e no emprego

Por 23 Maio, 2019Sin comentarios

O PSOE de Riotorto presentou este martes a candidatura coa que concorre o vindeiro 26 de maio ás Eleccións Municipais, liderada polo actual voceiro local, José García. No acto participaron o Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e a Deputada do PSOE no Parlamento Galego, Patricia Otero.

José García comprometeuse “a gobernar para todos os veciños, deixando atrás a política de amiguismos á que nos ten acostumados o PP. Apostaremos pola plena transparencia e facilitaremos o acceso á información e documentación pública do Concello, ao contrario do que sucede agora con numerosas trabas por parte do goberno municipal. Unha das primeiras medidas que realizaremos será rebaixar o IBI, pasando do 0,65 ao 0,4, par aliviar a todas as familias de Riotorto que foron asfixiadas polo catastrazo do Partido Popular. Tamén baixaremos o imposto da recollida de lixo e aplicaremos bonificacións no recibo ás persoas que vivan no Concello”.

Recuperar as prestacións no rural
O Candidato socialista subliñou que unha das prioridades será recuperar os servizos públicos básicos do rural, pois o Alcalde do PP os ten totalmente abandonados. Para iso, melloraremos as pistas forestais e dotaremos de sinalizacións aos diferentes núcleos e parroquias do Concello. Dende o PSOE elaboraremos o PXOM para definir o Riotorto que queremos no futuro e non o que nos impoñan dende a Xunta”.

Máis servizos sociais e emprego
“Melloraremos os servizos sociais para que os maiores de Riotorto sexan atendidos como se merecen. O faremos ampliando o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar, atendendo, deste xeito, a demanda que o actual goberno non está a prestar. No eido das políticas de emprego, ofreceremos cursos de formación para os mozos do Concello, facilitando a súa inserción no mercado laboral”.

Potenciar o turismo en Riotorto
“Impulsaremos a Feira do Ferro para conseguir traer a máis expositores dotándoa dun maior presuposto. Ademais, delegaremos a organización á Asociación de Ferreiros, que son os verdadeiros protagonistas da cita. Fomentaremos os valores turísticos de Riotorto para facilitar a chegada de máis visitantes, entendendo o turismo como un dos piares de desenvolvemento do noso municipio. Tamén incrementaremos a axuda ás comisións de festas, apoiaremos os mercadillos trimestrais e revitalizaremos a Feira da Augaxosa”, destacou García. Neste eido, Santos Ramos puxo en valor a forte aposta do PSOE dende o Goberno da Deputación para dinamizar o turismo de Riotorto, pois achegaron máis de 100.000 euros para a celebración de diferentes citas, como a Feira do Ferro.

1,3 millóns achegados polo PSOE dende o Goberno da Deputación
O Secretario Provincial detallou os máis de 1,3 millóns de euros de investimentos que achegou o PSOE ao Concello dende o Goberno da Deputación para servizos públicos. “Financiamos a mellora dos accesos a Moxueira e Chacín, o acondicionamento das vías municipais en Santalla, Espasande de Arriba, Santamarta, Vilaseca-Lamas e Eirredondo-Teixeiro, e dotación de 25 novos alumeados, a reconstrución do muro en Ferraría…e que fixo o PP dende a Xunta? Nada”, censurou Santos Ramos.

Candidatura renovada
O PSOE de Riotorto presenta unha candidatura transformada e renovada, moi ilusionada e con moitas ganas de traballar para o Concello. As persoas que integran a lista son José García Freije, Francisco Fernández Veiga, Aitor Rey Díaz, Alberto Gómez López Antonio García Mel, Gabriel Fernández Dasrribas, Jesús José Moiron Alonso, Victor González Leivas, Hortensia García Freije, Daniel Bouso Rodríguez, María Elisa Lamas Díaz.