Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Xornada sobre anfibios e réptiles na Casa das Insuas

Por 23 Maio, 2019Sin comentarios

A Asociación de Custodia do Territorio celebrará o día 25 de maio unha Xornada de observación de anfibios e réptiles, de 10:00 a 18:00 e guiada por Martiño Cabana (AGCT-Universidade da Coruña) e con saída desde a Casa das Insuas.

O obxectivo desta actividade é achegar aos participantes a biodiversidade de anfibios e réptiles existente na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, visitando algúns dos lugares máis interesantes da zona e gozando da observación das diferentes especies que poboan as charcas, lagoas e carballeiras.

A organización lembra que os participantes deberán levar roupa e calzado cómodo de campo. A actividade realizarase en vehículos propios. Os interesados en obter información ou inscribirse poden facelo na páxina web da AGCT http://www.custodiadoterritorio.org/actividades, no correo custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630-94.82.93 (Martiño) a través do WhatsApp ou vía telefónica.

A actividade está organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, a Deputación de Lugo e a RB Terras do Miño, e financiada pola Deputación de Lugo e a RB Terras do Miño.