Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Trasmonte, en Friol, está de festa

Por 24 Maio, 2019Sin comentarios

A parroquia de Trasmonte, en Friol, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra á Virxe dos Milagros.

As celebracións darán comezo o venres cunha liscada e chourizada amenizada polo grupo Tribal.

O sábado comezará actividade ás 13.30 horas coa procesión e a sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Compostela. Pola noite será o grupo Aramio o que se encargará da verbena, acompañado novamente por Compostela.

O domingo volverán os oficios relixiosos á mesma hora e a sesión vermú, a última celebración desta edición das festas, estará a cargo do grupo Fusión.

O campo da festa estará cuberto con carpa e tamén contarán con sesión de fogos artificiais.