Skip to main content
ActualidadeCospeito

O Pedaletas de Muimenta convoca a súa Quedada anual

Por 25 Maio, 2019Sin comentarios

O Club BTT Pedaletas de Muimenta convocou a sétima edición da Quedada para o 2 de xuño. Esta cita terá lugar na praza de Muimenta a partir das 9 da mañá.

Xa está aberto o prazo de inscrición. O custo da participación na Quedada máis comida é de 20 euros, o que incluirá seguro de accidentes, avituallamiento sólido e líquido. Tamén haberá servio de duchas, zona de lavado de bicicletas, cervexa gratis e xantar no Restaurante Anllo.

Pode particparnse só na quedada (por 8 euros) ou só no xantar (por 12 euros) para acompañantes.

Haberá dúas rutas, a primeira será de 50 quilómetros e 900 metros de desnivel e a segunda será e 40 quiolómetros e 700 de desnivel. Ambas as dúas don de dificultade media-baixa.