Skip to main content
Actualidade

Novo plan de emprego para mozos lucenses de entre 16 a 30 anos

Por 29 Maio, 2019Sin comentarios

Deputación e Goberno Central financian con 300.000 euros un novo plan de emprego para mozos lucenses de entre 16 a 30 anos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil. Así o acordou este venres a Xunta de Goberno. Deste cantidade, o Executivo de España achega 271.000 euros e a cantidade restante o organismo provincial.

Este plan contempla varias liñas de actuación: becas para que mozos lucenses se formen en nichos de emprego da provincia, axudas directas ás empresas do territorio que garantan a contratación destes novos profesionais, así como aos rapaces que decidan emprender, abrindo o seu propio negocio na provincia.

Este programa arrancará en xuño con sesións informativas para mozos e empresas. Os fondos recibidos do Goberno Central proveñen dun pioneiro plan estatal de fomento do emprego en Concello de menos de 5.000 habitantes para ofrecer oportunidades no rural e combater o seu despoboamento demográfico.