Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

As escolas deportivas de Guitiriz organizan unha viaxe fin de curso a Luarca

Por 30 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello de Guitiriz realizará o día 6 de xuño unha excursión de fin de tempada a Luarca para todos os usuarios das escolas deportivas de Guitiriz, que teñen entre 8 e 18 anos.

A vaixe está aberta tamén ao público en xeral pero terán preferencia os usuarios das escolas polo que a inscrición será por orde de solicitude. O prazo remata o 4 de xuño e ten un custe de 18 euros.

A saída da excursión terá lugar ás 9.00 horas do campo da Feira de Guitiriz e dez minutos máis tarde do campo da feira de Parga.

Os interesados en ter información sobre o mesmo poden solicitala no concello ou chamando ao 982 370 109 ou por mail no correo info@concellodeguitiriz.com.