Skip to main content
Actualidade

Castro Ribeiras de Lea acolle unha nova edición da festa da Carballeira

Por 30 Maio, 2019Sin comentarios

Un ano máis, Castro Ribeiras de Lea acollerá a celebración da popular Festa da Carballeira, organizada pola Unión Democrática de Pensionistas, que terá lugar o 20 de xuño.

O programa de actos dará comezo ás 13.00 horas co misa campestre, á que seguirá unha sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate. Como en anos anteriores, trala comida, que será ás 14.30 horas, haberá baile durante toda a tarde.

O menú constará de entrantes, salpicón, carne e postre servidos polo restaurante La Palloza. Os interesados en asistir terán de prazo ata o 12 de xuño para anotarse.

Está prevista a asistencia de preto de 20 asociacións dos concellos da comarca da Terra Chá e concellos limítrofes. Así, confirmaron a asistencia as de Castro de Rei, Cospeito, Fonsagrada, Guitiriz, Lourenzá, Lucus Augusti de Lugo, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Palas de Rei, Pantón, Pol, Pontenova, Portomarín, Pastoriza, Riotorto e Trabada. Baleira e Outeiro de Rei faltan por confirmar.

Para asistir a esta festa é necesario anotarse previamente nunha das asociacións.