Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

A Anpa de Rábade organiza unha excursión de fin de curso a Manzaneda

Por 31 Maio, 2019Sin comentarios

O Anpa do colexio de Rábade vén de organizar,  como todos os anos, unha excursión de fin de curso. Este ano será o día 8 de xuño e o lugar escollido será a Estacion de Montaña de Manzaneda, onde os nenos farán actividades cos monitores da estación en función da sua idade (karts, piscina, equitación, tiro con arco, rocódromo…), a excursión é gratuíta para os socios.

Debido a que contan on prazas libres, poden paricipar nesta viaxe todos os pequenos do colexio que o desexen.

O custe da excursión é de 30 euros e inclúe comida e merenda. A inscrición farase por orde de solicitude ata cubrir as prazas disponibles. Os interesados en obter información ou facer a súa reserva poden poñerse en contacto con Manuel no teléfono 670032505.