Skip to main content
Actualidade

O Concello de Outeiro de Rei organiza a festa dos nenos o 7 de xuño

Por 31 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o venres día 7 de xuño a vixésimo primeira Festa dos Nenos na que pequenos e rapaces poderán gozar no horario comprendido entre as 16:30 h e as 19:00 h de diferentes inchables, kars, tobogáns e merenda de forma gratuíta. Como remate final, está prevista a tradicional festa da escuma para a que se recomenda que veñan preparados para a molladura.

Este evento terá lugar na Praza da Vila e en caso de choiva trasladarase aos pavillóns municipais e ao pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.