Skip to main content
Actualidade

O Castro de Viladonga, set de gravación dun videoclip feito por alumnos de audiovisuais

Por 2 Xuño, 2019Sin comentarios

Alumnos do Centro de Formación de Audiovisuais do SdeA da Deputación gravaron un videoclip no Castro de Viladonga. Trátase dunha coreografía de percusión corporal, na que participaron preto de douscentos rapaces e profesores da ESO e BAC do IES Terra Chá José Trapero Pardo de Castro de Rei; o CPI Luis Díaz Moreno de Baralla; e o IES Río Miño de Rábade.

A iniciativa partiu do Departamento de Música do IES Terra Chá, que dirixe o profesor Benito Buíde, quen deseñou varios xogos e exercicios de comunicación coas mans. A composición está inspirada no tema Aleluia, de Leonard Cohen, baixo o lema Somos Iguais. Somos diferentes.

Un equipo de quince estudantes de primeiro de Realización, supervisado por dous docentes do CFA, empregaron catro cámaras e o resto de material preciso para a gravación do vídeo. Os alumnos e alumnas ocuparon os postos de realizador, operador e axudante de cámara, técnico de son e script.

A produción audiovisual tivo como escenario o Castro de Viladonga, no Concello de Castro de Rei, espazo elixido polo seu valor paisaxístico e arqueolóxico. O alumnado gravou varias tomas da coreografía para posteriormente editar as imaxes no Centro de Formación Audiovisual.

O Servizo de Audiovisuais da Deputación selecciona unha das propostas que lle presentan, cada curso académico, os centros educativos da provincia, para incluír na programación de prácticas formativas fóra das aulas.