Skip to main content
Actualidade

Castro de Rei aproba un orzamento de 5,2 millóns

Por 3 Xuño, 2019Sin comentarios

Os populares validaron as contas para 2019 nun pleno no que a oposición criticou a data, pese á legalidade da convocatoria. O goberno de Castro de Rei aprobou o orzamento municipal de 2019, que ascende a un total de 5.238.053,67 euros. O alcalde manifestou a súa satisfacción por poder presentar unhas contas equilibradas.

O rexidor popular fixo fincapé en que a administración local está “sen débeda” e apuntou a partida de investimentos reais, de 1.930.675 euros, cantidade que supón o 37% do total presupuestario, fronte ao 28% que se destinaba en 2018.

O PSOE pola súa parte, optou por absterse ante unhas contas presentadas según eles “tarde”, tamén criticou a falta de previsión, planificación e control, reclamando un reparto “máis igualitario” dos fondos, que se invista máis en cultura ou en mellorar servizos, como a auga, e a contratación de máis persoal administrativo.

O BNG detectou “os mesmos defectos” nos orzamentos que nos anteriores e recalcou en que o 74% dos fondos proceden doutras administracións, ademais de “non recoller as necesidades reais do concello”.

O seu voto foi contrario tanto por estas razóns como por levar os orzamentos a pleno “a menos de 48 horas das eleccións”, un feito que tamén criticaron desde o PSOE.

Aprobouse tamén por unanimidade o plan especial de dotaciones de Fudace, un paso necesario para regularizar a actividade asistencial que desenvolven as súas instalacións en Castro, onde en breve abrirase un centro de atención a patoloxía e trastorno dual. Os tres partidos tamén acordaron a adhesión de Castro de Rei ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía.

O BNG ademais, presentou dúas propostas, unha delas sobre o subministro de enerxía e outra solicitando unha nova Edar en Castro. A este tema, o alcalde aclarou que xa existe un proxecto para ampliar a existente. E a outra proposta acordada por todos os grupos e consensuándoo previamente coa familia e os achegados, renderlle homenaxe a Darío Rivas dedicándolle unha rúa ou un espazo público.