Skip to main content
AbadínActualidade

Varias familias de Abadín reclaman unha mellor atención pediatrica

Por 6 Xuño, 2019Sin comentarios

Varias familias do Concello de Abadín rexistraron no centro de saúde do municipio varios escritos para reclamar unha mellor atención pediátrica. Ademais queren están a facer unha recollida de firmas que apoie a súa reivindicación para poder presentar no Sergas.

Os pais consideran que o horario de atención é pouco xa que son só dúas horas os xoves, de 9:00 a 11:00, ademais queixanse de que o médico non sexa pediatra, por eso piden tamñen ao Sergas que sexa un especialista. Recriminan que cando o médico non está, non vai ningunha persoa a substituilo, e en caso de necesitalo teñen que acudir a Vilalba pero tan só con cita previa sacada a primeira hora no mostrador do centro de saúde vilalbés, senón deberán esperar toda a mañá a que o médico acabe a súa ronda de citas previas.

Desde o Sergas din que o centro de saúde de Abadín conta coa mesma atención pediátrica que anteriormente, e que existen tres médicos de familia capacitados para a atención dos cativos do concello.