Skip to main content
Actualidade

As Pontes será a sede dun curso oficial de monitor de fútbol sala

Por 7 Xuño, 2019Sin comentarios

As Pontes será a sede dun curso oficial de monitor de fútbol sala da Federación Galega de Fútbol, que conta coa colaboración da área de deportes do Concello e do club Lago DVSport.

O período de inscrición desta formación, que terá unha duración de 65 horas e permitirá aos asistentes prepararse para adestrar a calquera equipo de fútbol sala de categoría autonómica, estará aberto desde este martes, día 4, e ata o 10 de xuño.

As inscricións poderán formalizarse a través da páxina web www.futgal.es, cun custo de 150 euros. As clases, que comezarán o día 11, desenvolveranse na sala de xuntas do pavillón municipal da Fraga, os martes e xoves, de 19.30 a 22.30 horas, e os sábados, de 9.30 a 14.30 horas.

Na presentación deste curso, que terá As Pontes como sede, estiveron presentes o responsable da Federación Galega de Fútbol Sala, Pablo Prieto; o edil de deportes, Chicho Tembrás; a presidenta do Lago DVSport, María Cristina Maceira, e o coordinador da base deste club, Diego Paz.