Skip to main content
Actualidade

O Concello das Pontes capturará aos cabalos sen identificar

Por 11 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello das Pontes vén de publicar un bando no que advirte a todos os posuidores de équidos sen identificar que vai proceder á captura, depósito e retirada a un espazo de acollida, venda en poxa ou sacrificio, nos termos do dito Decreto e sen prexuízo da aplicación, pola Administración que corresponda, das sancións establecidas polo incumprimento dos deberes de identificación e coidado dos ditos animais.

Segundo explica, na zona rural resulta frecuente a existencia de reses equinas sen identificar (mostrencas), sen dono coñecido, que irrumpen na vía pública ou ocupan propiedades privadas, causando danos e provocando situacións de perigo.

Nos últimos tempos este concello procedeu á captura e retirada de exemplares deste gando na forma e cos requisitos establecidos no Decreto 142/2012, de 14 de xuño, polo que se establecen as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos animais equinos de Galicia (DOG do 06/07/2012), pero algúns propietarios seguen tendo o gando libre -incumprindo a obriga de indentificalo e sen exercer un control real e efectivo sobre el.