Skip to main content
Sin categoría

Luz Darriba deseña a nova imaxe do grupo Nova Poesía Guitirica

Por 19 Xuño, 2019Sin comentarios

A artista multidisciplinar e poeta da NPG Luz Darriba vén de rematar o deseño do grupo literario Nova Poesía Guitirica.

Este grupo poético naceu hai tres anos na parroquia dos Vilares, en Guitiriz, co obxectivo de fomentar a literatura e a creación artístina nesta parrqouia de Díaz Castro.

Luz Darriba xunto á súa filla Aymará Ghiglione deseñaron este novo logo no que destaca a folla de carballo, que conecta coa tradición e a saiba que corre polas follas co traballo comunal, de grupo.O logo será desde agora a imaxe identitaria, nas redes sociais, na web e en todo canto a NPG realice e participe.