Skip to main content
A PastorizaActualidade

Demostración de aeróbic e olería na feira da Reigosa

Por 25 Xuño, 2019Sin comentarios

O 29 de xuño terá lugar en Reigosa, na Pastoriza, unha nova edición da súa feira mensual, como cada último sábado de mes.

Nesta ocasión, a asociación de veciños, organizadora do evento, ten prevista a celebración dunha demostración de olería entre as 11.00 e as 14.30 horas a cargo de Inmaculada Díaz. Tamén haberá outra de aeróbic a cargo do grupo de Reigosa e Begonte, que imparte Juan Carlos Quintana, adestrador do centro deportivo Jansu de Vilalba.

Como en edicións anteriores haberá postos de toda clase, polbo, callos e churrasco.