Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade acolle unha campaña sobre xestión de residuos

Por 1 Xullo, 2019Sin comentarios

A biblioteca pública de Xermade acollerá a campaña educativa itinerante sobre prevención e xestión de residuos domésticos e desperdicio alimentario.

A exposición consta de 7 paneis tipo roll-up de 120 cm de ancho e 205 de alto sobre xestión de residuos, prevención e preparación para a reutilización, desperdicio alimentario, compostaxe, recollida selectiva e economía circular, acompañada por unha pantalla con proxección de información audiovisual.

Poderá verse en Xermade o día 3 de xullo entre as 10.00 e as 14.00 horas.