Skip to main content
ActualidadeCospeito

Muimenta celebrará as súas festas patronais do 5 ao 7 de xullo

Por 2 Xullo, 2019Sin comentarios

SONY DSC

A localidade de Muimenta celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Cristóbal e Santa Mariña, coincidindo sempre a primeira fin de semana deste mes.

O día 5 estará o grupo Arizona en sesión verbena e estarán acaompañados polo grupo Suavecito.

O día 6 a comisión ten prevista a actuación da orquestra Españoles e o grupo Cañón en dobre sesión vermú e verbena. Así mesmo, no último día, a orquestra Stereo despedirá a celebración ata o próximo ano tamén en dobre sesión.

O domingo 7, terá lugar a tradicional Bendición de Coches, no campo da Igrexa Vella, xusto ao rematar a misa que terá lugar, tanto o sábado como o domingo, ás 13:30 horas.